Idioma:

 

 

 

 

                                                                                                                   

NOVAS DO CLUBE

 

Últimas novas do C.C. Padronés:

 

09/10/2008

O éxito é de quenes o buscan
  Aos seus 10 anos, Javier Rei Lafuente parece xa a reencarnación de Miguel Induráin . Leva só un par de anos metido nisto do ciclismo e xa subiu ao podio en cinco ocasións. Compatibiliza as súas clases de 5º de primaria coa súa paixón polas bicicletas, que xa lle deu varias alegrías. Así, este ano fíxose coa medalla de bronce no circuíto de mini BTT -unha modalidade de ciclismo que se practica en circuítos todoterreno- de Compostela, e repetiu posición no de Pontevedra. Ademais, Javier Rei, que compite polo Clube Ciclista padronés, quedou segundo nas yincanas que se organizaron en Boiro e Noia durante este verán con motivo das súas festas patronales.
 
 
  [ver nova completa]

 
01/09/2008

O Padronés consigue o Galego de cadetes

 

O pasado xoves tiveron lugar, na localidade de Sigüeiro (Oroso), os campionatos galegos de contrarreloj por equipos na modalidade cadete e júnior masculinos.
Os cadetes tiveron que percorrer unha distancia de vinte quilómetros; con liña de saída e de chegada na capital do concello de Oroso.
Nesta categoría, resultou vencedor e novo campión o equipo Clube Ciclista Padronés - Aluminios Cortizo.

 
  [ver nova completa]

 

13/02/2008

Recoñecementos a Domínguez e o Clube Padronés na gala

 
O pasado sábado tivo lugar en Santiago a tradicional Gala do Ciclista Galego onde se fixo entrega dos distintos galardones aos vencedores dos ránquines de estrada, BTT e ciclocrós. Outro dos momentos de recoñecemento foi cando o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, recoñeceu a longa traxectoria e o traballo realizado dentro do ciclismo galego polo Clube Ciclista Padronés, ao que lle entregaron unha placa en recoñecemento polos máis de cincuenta anos de historia deste clube.
 
  [ver nova completa]

 

 

 


 
  Calendario de actividades

Clic aquí para ver programación

 
  Derradeiras imaxes

Equipos 2009-2010

 

  Predicción meteorolóxica

Clic aquí para ollar o tempo que fará en Padrón os próximos días.

 

  Publicidade

 

 

 

 

      

 

 

 

Esta páxina web en Galego tivo unha axuda outorgada pola Xunta de Galicia - Presidencia - Secretaría Xeral de Comunicación - Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual